|
|

O BNG do Barbanza lanzou unha campaña informativa polos concellos buscando a autoorganización dos moitos afectados e afectadas que na nosa bisbarra existen dos produtos bancarios tóxicos coñecidos como preferentes. Toda unha ferramenta que se puxo en marcha desde bancos e caixas para cautivar os fondos de pequenos aforradores até o fin dos tempos.
En Rianxo no mes de marzo aprobamos por unanimidade unha moción no concello apoiando aos veciños e instando á Xunta e Goberno do Estado a implicarse na devolución bancaria do investido. Ademais, coa presenza do deputado Henrique Vieitez e de Adolfo Muíños, desenvolvemos unha charla. Vemos con satisfacción que comezan as mobilizacións en Rianxo e se impulsa unha plataforma comarcal. Somos solidarios con esta loita que é xusta.
mm
Froito das negociacións entre o concello e a empresa concesionaria, desde o pasado día 12 entraron en fucionamento novas lineas de autobuses directos a Santiago e Ribeira. Os días laborables saen con dirección a Santiago ás 6:40, 7:40, 8:40, 9:40 e 16:10. E en dirección a Ribeira as 7:10, 8:10, 16:00 e 20:40. En sábados laborables as saídas con dirección Santiago son ás 8:55, 12:55, e 17:00; e en dirección a Ribeira ás 10:40, 15:40, e 19:10. Tamén hai servizo os domingos e festivos do curso universitario en dirección a Santiago ás 16:55, 18:55, 19:45 e 21:45.
Esta líneas que teñen a parada na rotonda de Té, melloran o servizo dun xeito moi sensible.
O vindeiro domingo día 18 de decembro, a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas organiza no auditorio de Rianxo as IV xornadas Lois Obelleiro, que nesta ocasión tratarán sobre a situación e as perspectivas da economía galega.
As actividades empezaran as 10, 30 h. coa entrega de documentación e desenvolveranse en xornadas de mañá e tarde, participando nas mesmas Bernardo Valdês, Xavier Vence e Sergio Ribeiro.
A asistencia é libre, e a data para inscribirse remata o venres día 16. Pódese acceder ó programa completo desde a seguinte ligazón

Estrela na alba, o pensamento político de Castelao, é un vídeo editado polo BNG para conmemorar o 125 aniversario do nacemento do pai do nacionalismo galego. En Rianxo lembramos a súa figura tamén o 7 de xaneiro (cabodano do seu pasamento) nun acto nacional.
125 anos de Castelao

Grazas a todos e todas os que nos votastes, as que nos animastes polas rúas e camiños de Rianxo e que nos trouxestes até aquí: á posibilidade de ter un alcalde do BNG en Rianxo. Cos vosos votos conseguistes isto que non se dera nunca no goberno municipal rianxeiro. Agora tocan tempos de diálogo, de acordos, de buscar apoios para ter estabilidade, para mirar polo progreso de Rianxo, para resolver os problemas da xente… Iremos dando conta disto.
Desde aquí, no nome dos concelleiros/as do BNG elixidos, da agrupación do BNG de Rianxo, no meu propio, moitas grazas. Esperamos ser merecentes do voso apoio.
Municipais 2011

Venres 20 ás 21 h na Casa Pachín de Taragoña, mitin e foliada para despedir esta campaña das municipais do BNG de Rianxo. Falarán Hadriana Ordóñez, Xoán Vicenzo Ces, candidatos da parroquia e Adolfo Muíños, candidato á Alcaldía polo BNG.
Tras as intervencións políticas, foliada co grupo Carapaus e outras formacións de música tradicional de Rianxo!
Olark Livehelp
|
BNG Rianxo bngrianxo@gmail.com
Paseo da Ribeira 43, 1º
Tlf: 654697768
A fotografía de cabeceira foi cedida por:
http://fotosderianxo.wordpress.com/
|