Amañar as pontes do paseo polo sendeiro do Té

Mantemento paseo fluvial Té

O Bng de Rianxo reclama o amaño de dúas pontes de madeira derrubadas polas enchentes do inverno e que afectan ao paseo fluvial do río Té. Xunto a iso é preciso acometer unha limpeza xeral, especialmente nalgunha zona onde a vexetación chega a cegar o camiño. Coa chegada do bon tempo e comezar a saír as familias a gozar do paseo polo río faise necesario agora acometer esa limpeza e os arranxos e recolocación das estruturas movidas pola enxurrada.

2 comments to Amañar as pontes do paseo polo sendeiro do Té

  • [...] Teño que dicir que xa tiña un post medio crítico co tema das pontes destrozadas no sendeiro do río Té por no inverno de 2011, en canto que en abril pasara un ano dende que o BNG no seu blog (e cando estaba na oposición), pedira que se arranxara. [...]

  • bngrianxo

    Isto non quita que en calquera momento non poida pasar outra vez, pois a enxurrada do río pode volver actuar e estragar o feito. Así que grazas por estar atento.