Grazas a todos e todas os que nos votastes, as que nos animastes polas rúas e camiños de Rianxo e que nos trouxestes até aquí: á posibilidade de ter un alcalde do BNG en Rianxo. Cos vosos votos conseguistes isto que non se dera nunca no goberno municipal rianxeiro. Agora tocan tempos de diálogo, de acordos, de buscar apoios para ter estabilidade, para mirar polo progreso de Rianxo, para resolver os problemas da xente… Iremos dando conta disto.
Desde aquí, no nome dos concelleiros/as do BNG elixidos, da agrupación do BNG de Rianxo, no meu propio, moitas grazas. Esperamos ser merecentes do voso apoio.


Grazas a vos tamén por darnos a tod@s unha oportunidade de cambio na vila. Agardo todo seña fructífero nos vindeiros anos que veñen, von vai ser doado, mais o empeño e a ilusión estará remozada e ansiosa de froitos nesta nova singladura.
Un saudo!!!
Sabedes xa que ides facer??? Haberá pacto progresista??? Ou imos quedar coa incerteza ata o día 11????
Parabéns.
Pois sí que temos que agardar. Tocan agora uns días de dialogar. Grazas polo apoio!
Pois sinceramente, acabo de ler a nota de prensa e só podo dicir que o BNG de Rianxo decepcionoume co acordo de goberno. Parece que os que levaron máis votos foi o PSOE, e vós tragades coas súas esixencias, lamentable. Como o PSOE, despois de levar o pau de perder máis de 1500 votos, van seguir xestionando a economía de Rianxo?? COMO PUIDESTES PERMITIR ISTO ADOLFO??!!! Se se quedan coas concellarías máis fortes!!! De verdade que na asemblea, a militancia dixo si a isto??? Espero que perdades militantes, porque isto é claudicar ante os perdedores. Sinceramente xa dubido de que o equipo proposto polo BNG para a alcaldía de Rianxo, se sentira capacitado para afrontar a responsabilidade de gobernar.
Non pode ser que o PSOE vaia seguir levando as rendas de Rianxo sendo o partido menos votado, POR FAVOR!!!! Cedésteslle economía, facenda, urbanismo e emprego, e o BNG tendo maior apoio do pobo só vai ter a figura do alcalde, pero quen vai gobernar é Gey (cunha dedicación exclusiva aínda por riba!!!)e o seu equipo.
E ides desenrolar un programa común para dentro de 6 meses!!! Fan falta 6 meses para coller os dous programas, xuntalos, e atopar acordos comúns?? Un mes debería de sobrarvos. Que ides facer ata novembro??? Mal empezades. Pensei que isto ía cambiar.
De canto van ser as dedicacións exclusivas??
Adolfo crin en ti, só podo dicir que para min este acordo é unha decepción, preferiría o goberno en minoría do PP, polo menos íamos ter o apoio da Xunta, pero agora imos ter máis do mesmo, NADA!!!