Portos de Galiza ven de botar abaixo o proceso que esla mesma abriu hai seis meses para licitar a gasoliñeira de mar en Rianxo logo de que a desmantelaran de Setefogas. Mentres nós pescudábamos nas páxinas da Xunta para averigurar as razóns desta marcha atrás Bieito Lobeira e Ana Pontón moi sincronizadamente connosco rexistraban unha pregunta ao respecto no Parlamento. Sen termos falado chegaron á mesma conclusión que nós: como é posíbel que impulsarán un concurso de licitación sen consultar con ninguén do sector e que seis meses despois o anulen con empresas implicadas, ofertas económicas e proxectos presentados. Que garantía xurídica é esta, que chapuza de concurso? E todo invocando unhas supostas voces autorizadas indeterminadas, pois non aparecen reflectidas nos documentos e que polo que se ve, non escoitaron previamente para evitar este ridículo e atraso.
Para nós é prioritaria a gasoliñeira para dar servizo aos mariñeiros/as, na ubicación sinalada nun primeiro momento e que é a apuntada polo sector. O resto son apaños e excusas moi escuras e difíceis de explicar e que dan lugar a todo tipo de sospeitas polas artimañas despregadas.

